26.11.21

25-N Día Internacional contra a violencia de xénero

 Ola familias!

Nesta entrada do blogue aunamos as actividades que se celebraron no centro co motivo da celebración do Día Internacional da NON Violencia de Xénero o pasado 25 de novembro, e o Día da discapacidade o 3 de decembro. 


25 de novembro: "COMPENSATORIA. TRATANDO COS CONTOS"

Traballo a través de contos, lecturas ben escollidas, performances e metáforas para comprender o significado do 25N Día Internacional da NON violencia de , concienciar e visibilizar o maltrato, reflexionar e dialogar para buscar solucións. 
 
Tarefa final: BO TRATO. Ir concretando en accións que definan o Bo trato. Escribir mensaxes de conciencia e acción cara ao Bo trato.

Escenificación e análise do conto "A voda do Galo Pinto". Adaptando o traballo, a posta en escena e as demandas de análise para os distintos grupos de Infantil e Primaria. Tendo moi ben preparada e adaptada a presentación para cada un dos grupos.
 
Outros contos traballados e analizados foron: O PapónArtur e ClementinaEra unha segunda vez...A Bela e a Bestia.


Realizouse tamén un teatro de monicreques para as nenas e nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria do conto "Pepuca e o monstro que lle roubou o sorriso"



As nenas e nenos de 3º de primaria traballaron sobre o libro "No corazón do bosque", capítulo "O segredo de Raquel". Ata se animaron a facer teatro radiofónico! 
 
Escoitamos! 
 




Ademais, cada clase elaboramos mans violetas con mensaxes de BO TRATO para colgar na nosa árbore da entrada, e extendimos esta actividade a toda a comunidade educativa, a través dunha instalación artística na que se colgaron lazos na porta do cole con estas mensaxes. 





8.11.21

MAGOSTO!

 O venres gozamos no cole dunha xornada de Magosto.

Dado que este curso estamos a traballar sobre o PDI 25 anos apegados á terra. 25 anos apegados ao noso, decidimos rescatar tradicións arraigadas no centro para esta festa do outono, elaborando diferentes complementos para a cabeza con elementos naturais e de refugallo, e envases con cartóns de leite para manter as castañas ben quentiñas. 

Aquí vai a mostra!

                                                                     

Foi un día de desfrute total, convivencia e diversión. Ademais de degustar as deliciosas castañas, bailamos e cantamos ao son da música tradicional galega, e xogamos a xogos populares como o peón, zancos, cordas, carreiras de sacos ou o "Comecastañas".

VIVA O MAGOSTO, AS FESTAS POPULARES E AS TRADICIÓNS!












2.11.21

CAL É A ORIXE DO SAMAÍN?

 O primeiro ciclo de E. Primaria estivo investigando para saber sobre O Samaín e logo poder explicalo. 

Fixéronse preguntas e procuraron as respostas. Traballaron vocabulario relacionado. Escoitaron e leron sobre os pobos celtas, os costumes en diferentes lugares, as catrinas mexicanas, as cabazas calacús... O noso Samaín...

Logo, elaboraron un resumo para explicar en frases.

Neste Podcast podemos escoitar a orixinal explicación acompañados da música de Paco Nogueiras “No Samaín”, canción incluída no libro disco Brinca vai!


Escoitamos!



30.10.21

O CEMITERIO DOS CONTOS

o alumnado de infantil encontrou na sÚa horta un cemiterio cheiño de contos...

por quE estaban alí? cal era a temática dos contos? serán todos de medo?

 

Na hora de ler foron rescatalos e tiveron unhas lecturas mooi tenebrosas!


RELATOS DE SAMAÍN

O alumnado de 3º e 4º de primaria, foron pequenos escritores e escritoras de "RELATOS DE MEDO".

De forma cooperativa, puxéronse mans á obra para escribir os seus propios relatos.

Desfrutade da súa creación interactuando nesta imaxe. Se premedes nas iconas levaravos aos vídeos.

NON PASEDES MOITO MEDO !!


MOITO MAXÍN, NO SAMAÍN

     Emocionante xornada de Samaín no cole de Galdo , moi terroríficaaaa!! 

    A mañá comezou moi escura, so alumeaban as candeas das vosas cabazas decoradas, que medo daba o cole!!

    Grazas familias pola vosa colaboración nesta festa, xa que tamén puidestes desfrutar nas vosas casas compartindo un tempo estupendo esculpindo e decorando as cabazas. E moitas grazas tamén á ANPA pola vosa visita😊.

 Esta semana estivo cargadiña de actividades que iremos presentando en entradas posteriores. Hoxe presentamos un vídeo resumo do día.

FELIZ SAMAÍN!

 


 

25.10.21

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares

As bibliotecas son lugares que promoven o acceso á cultura, o coñecemento e o entretemento, e cumplen esta función poñendo o acceso a recursos e asesoramento ao alcance de tod@s.

 

 Cada 24 de outubro lévase a cabo un traballo de visibilización da biblioteca como espazo e como servizo, e este ano queremos dicirvos que seguimos aquí, coas mesmas gañas e forza que sempre. 


Este lugar no que estades a ler estas palabras é o BLOGUE DA BIBLIO, e dende aquí poñeremos á vosa disposición recursos diversos relacionados con eses tres eixos dos que comezabamos falando: cultura, coñecemento e entretemento.

SEMPRE estaremos dispost@s a escoitar novas propostas que botedes en falta. 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO ANUAL DE CENTRO

" 25 ANOS CAMIÑANDO XUNTOS "


Para celebrar esta data tan especial decidimos facer a presentación do noso gran Proxecto. Como cada ano imos realizar un Proxecto no que todos/as  os membros do colexio participamos! 

 A encomenda chegou das mans de Galdiño. No curso 2020 este centro fixo 25 anos e nós queremos celebralo estudando a historia escolar das nosas familias.

Botádelle un ollo a este video ... coñecedes a alguén?


 

25.6.21

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021. RADIOGALDO

 Ola rapazada :)

Por fin temos os programas de radio do día das LETRAS GALEGAS 2021. Parabéns a tod@s polo voso traballo.


9.6.21

PDI "PORQUE UN CAMIÑO MELLOR É POSIBLE "


 Ola rapazada :)

O curso remata e Galdiño peregrino quere felicitarvos polo bo traballo que fixestes. Aquí tedes o resumo de tódalas actividades que fixestes ao longo do curso.

O camiño foi longo pero mereceu a pena. Cada vez estamos máis preto de alcanzar o noso ansiado produto final, a GUÍA INFANTIL DO CAMIÑO do MAR!

Entre todos e todas axudaremos ao concello a poñer o noso gran de area para darlle un pequeno empuxón á OFICIALIZACIÓN desta ruta.


7.6.21

ENTREVISTA A MANU CARREJA E MARÍA PALMEIRO.

 Aquí tedes a entrevista que lle fixestes a Manu e María, veciños de Covas, Viveiro.

O alumnado de 6ºEP preparou unha entrevista para preguntar pola súa experiencia facendo o Camiño do Mar, concretamente estaban moi interesados na etapa que lle corresponde a este curso, xa que o día 11 de xuño sairán a facela eles/as.

O alumnado de 5ºEP quixo informarse sobre os HÁBITOS SAUDABLES, todo aquilo que ten que ver coa ALIMENTACIÓN, HIDRATACIÓN, ROUPA, CALZADO, DESCANSO...

GRAZAS MANU pola túa aportación ao programa! jaaaaaaa

MÚSICA:  "Camina a Galicia" de Xoel López

 

O ALUMNANADO DE 1º,2º,3º,4º PUIDERON ENTREVISTALOS NO PATIO