1.11.25

Uhhhh...!! Merendas terroríficas!

Chegou o Samaín, e xa sabedes que é época de terror, do escuro, de historias... Si, de historias de medo, xa oístedes as que creamos conxuntamente co cole de Covas.

Pero segue a ser unha oportunidade máis de seguir aprendendo e mantendo costumes, como a de alimentarse correctamente evitando os plásticos dun só uso. Sabedes que xa dende hai anos, coidamos moito as merendas que traemos ao cole, procurando que sexan sás, pero non por iso aburridas.

Por iso, tivemos un concurso moi divertido ademáis de sá: Merendas terroríficas!. 

Consistiu en que todos e todas trouxeramos as nosas merendas "tuneadas" no estilo máis terrorífico e orixinal que se nos ocurrira e, a verdade, vaia imaxinación! Aquí tedes unha mostra.

31.10.25

CONFUNDINDO HISTORIAS POLO SAMAÍN!

Esta semana estivo chea de actividades varias porque... chegou o Samaín!

Entre  as moitas que se puxeron en marcha estivo unha moi divertida, a de crear historias. Si, historias de medo que creamos e contamos en colaboración co CEIP Plurilingüe de Covas. Un dos coles empezaba unha historia e o mesmo nivel no outro cole a remataba. Así conseguimos as seis historias arrepiantes que podedes escoitar aquí.

A proposta desta actividade fíxose dende o equipo de Dinamización da lingua galega en ambos centros e no noso, conxuntamente co de Biblioteca.

Disfrutade escoitándoas... se vos atrevedes! 

                                                     1º Primaria

 
                                                     
                                                     2º  Priamaria
 
                                                     
                                                     3º Primaria
 
 
                                                     4º Primaria
 
     
                                                    5º Primaria
 
 
                                                    6º Primaria
 

Corre, corre cabaciña. Teatro de moicreques.

Nesta semana, os pais e nais do alumnado de 4º de Ed. Infantil, achegáronse ao centro para representar unhas das historias que máis nos gustan: Corre, corre cabaciña.

De vez en cando, disfrutamos deste tipo de actividades, nas que as familias se prestan a vir ao centro para lernos contos, contar historias ou representalas.

Esta foi unha velada moi especial e divertida porque a representación foi con monicreques e cremos que os maiores o pasaron tan ben ou máis ca nós vendo a historia.


2.10.25

Cociñando marmelada.

Xa botabamos en falta isto, unha das actividades que máis disfrutamos no cole, cociñar.

Os máis pequenos recollemos mazás do noso patio e con elas nos fomos á cociña, alí lavámolas, cortámolas e, con axuda das cociñeiras, fixemos unha marmelada riquísima seguindo a receita.  Pero non nos esquecimos dos nosos pais e nais, porque levamos un botiño de mostra.

 




Que rica estaba, mmmm...