15.2.18

CHEGOU O ENTROIDO!!!!!

Si, logo de pasar toda a semana facendo o que o MECO MANDA, cheou o gran día.
Non pudimos tomar as rúas de Viveiro coma de costume porque o tempo non era o idóneo, pero desfilamos igualmente.
Así foi que facendo gala do humor típico destas datas, os osos robots, inventoras e inventores desfilaron na presencia das familias, polo patio do colexio. Ata os astronautas de 3º e 4º deixaron a súa pegada para a historia carvando o banderín de Galdiño no medio da pista.
Cos bailes e pequenas representacións dos distintos grupos,  grandes e pequenos disfrutamos dunha xornada distinta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario