5.4.19

ACTUACIÓN MUSICAL DE SUSA HERRERA

Boas tardes compañeiras e compañeiros, durante a tarde de hoxe tivemos unha convidada moi especial, como é SUSA HERRERA. 

Dende o Equipo de actividades extraescolares, Equipo de Dinamización da lingua galega e o Equipo de biblioteca escolares, Susa Herrera, cantautora, con máis de 700 actuacións en Europa e Latinoamérica, acudiu ao noso centro cunha actuación musical do máis sorprendente e onde nos fixo pasar unha tarde do máis divertida. 

Que decir de Susa Herrera? Ademáis de cantautora, é profesora de Didáctica da Expresión Musical, pedagoga, con formación internacional en educación musical e danza, entre outras titulacións.

A continuación podedes observar como o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º nivel de Educación Primaria gozaron desta actuación musical:






Moitas grazas Susa Herrera, por ensinarnos tanto e facernos pasar unha tarde moi entretida. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario