3.3.18

A ANSIADA VISITA DE SOFÍA ESPIÑEIRA


Alá polo mes de novembro, para celebrar o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, comezamos a coñecer a Sofía Espiñeira e o seu traballo discográfico "Alá onde agroman as herbas". Gustounos especialmente a súa canción "NON TEÑO MEDO" coa que fixemos un vídeo no que participou toda a comunidade educativa.





Esta canción converteuse nun himno para o noso colexio e todos e todas disfrutamos diariamente ao escoitala. Por iso os nenos e nenas de Galdo non o pensaron dúas veces e pedíronlle a Sofía que nos viñera a facer unha visita.





"SOFÍA VÉN UN DÍA, SOFÍA VÉN UN DÍA..."





E CONSEGUÍMOLO... Sofía visitounos coincidindo coa celebración do Día da Paz. Preparámoslle un escenario chulísimo, cheo de globos con mensaxes de paz. E é que no cole de Galdo NON TEMOS MEDO... a ser felices, a loitar polo que queremos, a compartir, a ser nós mesmos...


La imagen puede contener: interior



Sofía estivo unha tarde enteira con nós e pasámolo xenial!!!

Fixémoslle unha entrevista que podedes escoitar en RADIOGALDO (preme na imaxe).




E despois escoitamos o seu concerto en vivo e en directo. Queredes escoitalo?? 



Ningún comentario:

Publicar un comentario