Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

13.5.15

MICRORREDE. ACTIVIDADES DE BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Hoxe temos unha cita ás 18:00h na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Plaza Maior.
Inagúrase a Exposición conxunta de traballos das Bibliotecas Escolares da Microrrede da Mariña "O Refraneiro de Cervo a Viveiro".

Cartel feito por María Pernas para o evento.

Unha Semana importante onde se realizarán actividades dinamizadoras de Fomento da Lectura e das funcións das Bibliotecas Escolares de Galicia, neste caso concretada na zona da Mariña nun gran esforzo de coordinación entre Equipos de Biblioteca dos centros participantes.


Hoxe da comezo o Programa de Actividades

18:00h

Logo dun Acto de Inaguración da Exposición e a un elaborado discurso escrito por Mari Luz de Xove, a EEI San Roque, de Viveiro fará un teatro de títeres para representar un dos contos máis coñecido e dos favoritos da poboación Infantil: Cocorico!

A continuación o noso cole de Galdo desenvolverá unha actividade integradora que trata de fomentar a lectura e xuntar xeracións: Hai libros para todos! 

Non sabemos como nos irá neste comezo, baixas de última hora, nervios, sen tempo a ensaiar...
Seguro que é un exitazo! Prometemos que , en canto podamos, contaremos como foi! 

Non se pode estar ao mesmo tempo na misa e máis repenicando!-di o refraneiro. Pero de seguro que haberá fotos e moito que contar...
Vide e disfrutade, se podedes! En vivo e en directo...actuacións, moito que ver e moito que ler! 
O NOSO REFRANEIRO, da zona! Animádevos, familias!

0 comentarios: