Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

14.5.15

GUÍA DE USUARIOS

Galdiño quixo axudarnos ,nesta guía-tríptico , a manexarnos na Biblioteca, como usuarios e usuarias.
Así podemos consultar o máis importante para facer un bo uso da nosa Biblioteca Escolar.


A clasificación dos libros segundo a CDU e o código de cor da nosa  margarida, o misterio do Tejuelo, a distribución e deseño de espazos , Normas de uso, horario e sistema de préstamos!

Se non atopas a túa guía, na biblioteca atoparás outra, pregunta e consulta. Con un bo uso da Nosa Biblioteca aforramos tempo e esforzos.


Que buscas? Onde poderás atopar iso que buscas? Cando e como podes xestionar a consulta ou préstamo? Todas as respostas condensadas e resumidas nunha folla. Moi útil tela sempre á man, non si?



Consulta o Catálogo do Meiga ou o noso blog cando o precises e tamén cando queiras, ben nos enlaces e direccións ou co lector de códigos QR. É preciso estar informado ou informada en todo momento.
Non te perdas, as guías son para ser usadas!
Ainda así...ante calquera dúbida... pregunta! O Equipo de Biblioteca, sempre dispoñible!

0 comentarios: