15.4.15

SABES MANEXARTE NA NOSA BIBLIOTECA? SITUÉMONOS!

Antes de buscar calquera cousiña na Biblioteca, debemos situarnos sobre o plano.
Como está organizado o espazo de biblioteca?
A nosa biblioteca abrangue tantos espacios diferentes que...precisamos deixar moi clariños os planos para todo usuario. Na Planta Baixa e no Primeiro Andar.

PLANTA BAIXA.
Ocupando grande parte da Aula de Usos Múltiples, ZONA DE MARGARIDA E DOCUMENTACIÓN. Ordenadores, libros de consulta e mesas de traballo. Aproveitando tamén o espazo  e a PDI como  pantalla de proxección interactiva e de exposición de traballos e postas en común. Revisión dos artigos dos blogs,redación conxunta,...


A nosa Margarida lembranos o sistema de clasificación por CDU.


Ainda que sexa un marrón... é moi útil esta zona dedicada sobretodo a consulta e documentación. Para facer calquera dos nosos traballos, é a primeira parada. CONSULTA  e DOCUMENTACIÓN. Xa sexa nos ordenadores, na rede ou nas enciclopedias, tanto xeral como temáticas ou máis específicas.BUSCA!
Mesas de traballo para adicarlle tempo ás procuras, Dicionarios ilustrados e bilingües, Enciclopedias e Diciopedias. Un sitio onde cada vez nos sentimos con máis comodidade. Moito aprendemos documentándonos!

Máis , no PRIMEIRO ANDAR...temos moitos contos e moitos libros informativos!A zona preferida para perderse, andar á busca de aventuras e realidades  e facer os préstamos. Levar á casa aprendizaxes de todas as cores e formas.


Unha xeral clasificación por cores indicativas para cada ciclo.
Cada zona conta cunha confortable estructura de sillóns e coxíns , as súas librerías e unha corcheira para publicar distintos traballos que se fan nas aulas.

ZONA VERMELLA. 1º CICLO. Alí atoparemos moito Album ilustrado, algúns libros CD, moitos contos e moita poesía ilustrada. Onomatopeias, Rimas e Animaliños como protagonistas. Primeiros lectores.

ZONA AZUL. 2º CICLO. Un pouquiño máis de texto pero segue a haber moito album ilustrado, moito libro informativo e temático. En Galego, en Español e ata podemos atopar algúns libros bilingües ( os mesmos títulos en Español e en Inglés). Poesía máis pullida.

ZONA AMARELA.3º CICLO. Máis texto e menos ilustracións ou ilustracións máis complexas ou máis abstractas. Moito libro de poesía, dos grandes como Rosalía de Castro, Manuel nMaría ou Celso Emilio. Libros informativos con vocabularios dos traballados en Coñecemento do Medio, Sociales e Naturales. Diarios de rapaces e rapazas que contan as súas inquedanzas, moitos en primeira persoa do singular. Como nos gusta ler os diarios de xente allea, onde encontramos moita identificación e sentimentos moi parecidos aos nosos!

Neste Andar tamén temos a Zona de Préstamos e Xestión, a Consulta dos Mestres ( Espazo de Prensa e Hemeroteca) e unha zona especial, a zona preferida por todos nós. AUTOPRODUCIÓNS. Os nosos Libros e traballos partindo e acabando na Biblioteca Escolar.
Os traballos de Comenius, Dinamización da Lingua, Voz Natura, Plan Proxecta, Consumo, Microrrede de Bibliotecas Escolares e a tendencia a traballar por Proxectos interesantes...deixan pegada na Nosa Biblioteca en forma de Libros artesáns de Producción Propia. Elaborados artesalmente por nós. Moi consultada esta zona, posto que todos os anos temos que facer algo polo Magosto, o Nadal A Paz, o Entroido....polas letras Galegas. Recurrimos a esta zona para saber...qué se fixo!


EN OBRAS...

O Equipo da Biblioteca está a preparar e activa dúas zonas importantes na Biblioteca: a Zona de Infantil, independentemente das boas Bibliotecas de Aula de Infantil.  Unha Zona común de Infantil preparada con divertidos mobles de IKEA...cadeiras e mesas infantís de vivas cores.

Tamén estamos a activar, na zona que precede ao Patio de Recreo da Primaria, unha ZONA DE LECER E DE LECTURA. Os responsables serán alumnado axudante de 6º curso da Primaria. Librerías e ...mesas de traballo...para cando chova, que é a maioría das veces na Mariña de Lugo.

Pero...que Lecturas introducir nesta Zona de Lecer e disfrute?

Instrucións dos Xogos de Mesa. Chistes, Adiviñas, Xogos,...Banda Deseñada.
A idea sempre é a mesma: que se lea! Non importa o momento, o lugar , a idade. Ler é importante!

Na casa, no coche, na escola, no patio, no parque, no prado. Ler é máis que un pracer. Ler é aprendizaxe!

Tan importante como é comer. Necesario todos os días. LER! Alimento diario.
Aliméntate de lecturas, de buscas, de investigacións. Todo é aprendizaxe! LE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario