6.4.15

EN ABRIL...LIBROS E LECTURAS MIL

O refraneiro dinos: En Abril, augas mil!. Advírtenos de que pola época de Abril chove. Normal, hai que regar os prados para que en Maio poda ser o mes das flores!

Pois...se chove que chova...
Nós dicimos: EN ABRIL LIBROS E LECTURAS MIL.
En Abril concéntranse varias celebracións relacionadas co Libro e a Lectura.

Día 2 de abril: Día Internacional do libro Infantil.


Desde 1967 celébrase o 2 de abril con actividades dirixidas a fomentar os bos libros infantiles e xuveniles e a lectura entre o público de menor idade.
En Galicia temos moi boa Literatura Infantil e Xuvenil. Álbumes ilustrados, Libro-discos e tamén versións dos clásicos. Moitas son as editoriais adicadas á LIX (Literatura Infantil e Xuvenil). Agora tamén se adican a libros informativos moi diversos.

Esta efemérides, conmemorada polo IBBY (International Board on Books for Young People) lembra o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de algúns dos contos infantís máis célebres da historia.
Cada ano é un país membro de dita Organización o encargado de editar o cartaz anunciador e a mensaxe dirixida a os nenos e nenas  do mundo.



Prema en Ler máis e entérate ademais do cartaz deste ano, o pais e a mensaxe para os nenos e nenas do mundo mundial.



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015

Moitas culturas, unha historia!

Forma parte da  mensaxe dirixida a todos o nenos e nenas do mundo, no cartaz  e en inglés.

Este ano , o país elexido é Emiratos Árabes Unidos.
O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian e o texto da mensaxe aos nenos e nenas do mundo é de Marwa Obaid Rashid Al Agroubi.

A Mensaxe, en Español...


“Muchas culturas, una historia”

“Hablamos muchos idiomas y tenemos diferentes orígenes,
pero compartimos las mismas historias”
Historias universales… Historias tradicionales
Es la misma historia, contada
Con diferentes voces
Con diferentes colores
Sin embargo, sigue siendo la misma…
Comienzo
Nudo
Y desenlace
Es la misma historia que todos conocemos y amamos
Todos la oímos
En diferentes versiones y por diferentes voces
Sin embargo, siempre es la misma
Hay un héroe… una princesa… y un villano
No importa su idioma
Sus nombres
O sus rostros
Siempre es igual
Principio,
Nudo
Y desenlace

Siempre ese héroe… esa princesa y ese villano
Idénticos a través de los siglos
Nos hacen compañía
Nos susurran en sueños
Nos acunan sus voces, desaparecidas hace mucho tiempo
Pero viven en nuestros corazones para siempre
Porque nos unen a todos en un país de misterio e imaginación
Y así todas las culturas se funden en una sola historia.

Texto:  Marwa Obaid Rashid Ai Agoubi, dos Emiratos  Árabes Unidos

(destacado da mestra Ermi Orol, nun intento de poñer en negriña o principal da mensaxe).
Pois iso, o mesmo conto pódese repetir en moitas e distintas cultuiras!

Os contos tradicionais deben ser parte importante dunha Biblioteca escolar. Os libros modernos e os libros de texto, os medios ...fan referencia aos clásicos, aos contos clásicos que todos debemos coñecer para non perderse... Os contos ensinan!

Desde a Casa e desde a Escola débese educar no conto clásico e no conto moderno. Que ningunha nena e ningún neno se quede sen referentes e fóra de xogo! Os clásicos e os modernos son contos, son Cultura, son historia e tamén futuro.

LEDE, NENOS E NENAS BENDITOS! Será aprendizaxe!

Día 23 de Abril. Día Internaccional do Libro, en xeral.
Será porque ler é importante. Os libros son importantes!
Lendo...apréndese e disfrútase ao mesmo tempo. A lectura é un moi bo alimento. Celebrémolo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario