Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

16.3.15

O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

 Actividade da Microrrede de Bibliotecas Escolares dos centros públicos da nosa comarca, concellos de Cervo, Xove e Viveiro. Nun esforzo conxunto polo Fomento da Lectura e a coordinación de Bibliotecas.



Logotipo da Microrrede da Mariña. Creado por María Rolle


 O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

EN QUE CONSISTE?
Lectura e traballo compartido, nas casas, coa axuda das familias.
Busca dun refrán popular , a ser posible da zona, para escribilo de xeito moi clariño nunha cartolina DIN3 (tamaño doble folio), da cor que se queira.
Representalo de forma plástica/artística. Pódese utilizar todo o que se queira: debuxo, collage, recortes e composición, fotos,...

NA CASA.Por familias ,onde o neno ou nena sexa protagonista da actividade.

COMO? Con moito cariño e como máis nos guste! Imaxinación e Creatividade.


Ao igual que en cursos anteriores vaise facer unha exposición dos traballos na entrada do colexio e posteriormente unha exposición conxunta cos outros centros da Microrrede de Bibliotecas Escolares no Concello de Viveiro.


Durante a semana de Exposición no Concello, haberá actividades varias de fomento da lectura, organizadas e realizadas polos centros participantes.


Case  a totalidade das nosas familias coñece este tipo de actividades: Andoriñas, contos con novos finais e Refraneiro, desta volta.
Grazas pola vosa colaboración! Grazas polos vosos traballos conxuntos, desde a familia! Sempre foron traballos boísimos!

Animádevos a participar. Compartide momentos, lede, facede xuntos e vide cos vosos  pequenos  á Exposición. Disfrutade do Refraneiro e das actividades organizadas por esta Microrrede de bibliotecas.


ALGÚNS CONSELLOS PARA FACER OS VOSOS TRABALLOS MÁIS LEXIBLES E LUCIDOS.
Queredes sabelos? Pois... picade para  Ler máis  e enriquecede os vosos traballos. 


  1. Un refrán...é pouco texto . Se vai a ser exposto, ten que lerse moi ben e de lonxe.
  2. Clariño, ter en conta o contraste de cor letra-fondo.
  3. Primeiro en papel aparte e logo superposto na cartolina.
  4. Elixe unha cartolina de cor a propósito para o teu refrán.
  5. Nun papel blanco, aparte, prepara o texto. Podes facer unha liñas rectas a lápis coa regla, para non torcerse.
  6. Escrebe primeiro a lápiz. Repasa tres veces e asegúrate que non leva ningún erro ortográfico.
  7. Pasar o texto, e só o texto(non as liñas de lápis) a tinta negra. Utiliza un rótulo moi fino ou bolígrafo tipo pilot.
  8. Amodiño, como debuxando cada letra.


Unha vez claro o texto...ilustración!

  1. Na obra plástica, completar o significado do refrán
  2. Técnica libre. Non te contentes  cun debuxo rápido. 
  3. Fai un boceto de aquilo que queiras representar.
  4. Dedicalle tempo a todo o proceso.
  5. Disfruta facendo e compartindo o teu traballo.


QUEN O FAI?
A idea é que se comparta en familia todo o proceso. Desde a lectura dos refraneiros e o seu significado, a escolla dos favoritos e a escolla final entre favoritos do refrán a representar.
O neno ou nena é a protagonista da actividade. A familia axuda. O neno ou nena fai ao seu nivel, segundo as súas competencias e o seu nivel. Facer con axuda máis ou menos dirixida. Compartir o momento e a aprendizaxe, sobre todo cos máis pequenos e pequenas.

Os bos hábitos comezan na casa!

INVESTIGADE! DOCUMENTACIÓN E BUSCA.:

  1. Lede refraneiros. Moitos. Reflexionade sobre o que quererán dicir. Preguntade. Investigade!
  2. Elixide uns favoritos. Fai unha lista de refráns favoritos.Logo decide, dentro dos favoritos, cal se vai a representar.
  3. Facede un boceto da ilustración que acompañará ao refrán.Do significado deste. Un croquis da idea. Planificación. Elexindo e decidindo materiais e técnicas a empregar.
  4. Repasade e correxide. Vai a ser un traballo doblemente exposto. Non pode levar erros.
  5. Engadide a obra plástica á vosa cartolina DIN-A3
  6. Xa está a composición feita! Últimos retoques e ...a entregar!
Os traballos entregados para ser expostos serán marcados con un selo ou pegatina co Galdiño, a mascola da Biblioteca do cole, como identificativo do noso cole na exposición conxunta.


Existirá un refraneiro de Galdo? ou de Viveiro? Quizais da Comarca!
Investigar, documentarse, ler moitos refráns, agotar a busca. Moitos, moitos.
Preguntarlle aos maiores, aos que saben.
Sobre que temas existe refraneiro?

  • Sobre o tempo, meses do ano.
  • Traballo.
  • Mar e terra.
  • Familia e relacións.
  • Homes e mulleres.
O refraneiro existe por algo... 
Que nos din os refráns? Que de verdade hai neles?
Canto aprendemos cos refraneiros!!
Cantos sabiamos? Cantos non escoitaramos nunca?

E... se facemos un refraneiro propio, autoproducción para a nosa Biblioteca Escolar?
Daquela temos que esforzarnos para facelo ben!

Deixamos rexistro, non só desta interesante actividade senón do patrimonio oral da zona en xeito de...

REFRANEIRO ILUSTRADO! Boa idea, non si?

Pois veña, toma apuntamentos e fai un bo traballo! No cole esperamos pola túa achega.
Grazas pola colaboración!

Entre Marzo e Abril...sale o cuco do cubil!

Hai refráns moi cucos, procura o teu favorito ou escolle un que nunca escoitaras...
Aproveita as oportunidades para aprender, con e desde a familia, desde a casa.

0 comentarios: