31.3.15

ÁRBORES, VIDA E MOURE (ACTUALIZADO)

O xoves 19 de marzo, celebramos no cole unha multiplantación: Día da Árbore, Día da Auga e ....chegada da Primavera, Día da Felicidade!

Pois sí, no cole plantamos cinco árbores novas, cinco novas vidas!
 CARABULLO, LEÓN , MARTIÑO, CEVIÑO, LANDRO....
Desta múltiple plantación damos conta no Galdonatura! O blogue creado para describir o Proxecto Voz Natura adicado a Galdo, á posta en marcha dun horto no novo invernadoiro.

Visita o blog para enterarte de todas as novas de Galdonatura , do Invernadoiro e do Horto ecolóxico!



O Día da árbore é dabondo importante.... veu a dicírnolo o propio ANXO MOURE!



O Concello de Viveiro fixo posible que o propio Anxo Moure chegase ao noso cole  para falarnos....das árbores, da súa importancia e da necesidade de coidarlas, mimalas e protexelas!


A cita foi despois da ponte, o 23 de marzo de 2015 disfrutamos dunha mañá axitada de contacontos e árbores! Árbores autóctonas, as nosas árbores!

Para completar a celebración do Día da Árbore, Anxo Moure chegou nunha espectacular  Ciclo Biblioteca, sobre rodas! Libros sobre árbores e plantas!



Enlace a contos solidarios. Información sobre as ciclo bibliotecas.


No espazo de Infantíl reuníronse non só o grupo de infantil senón tamén 1º,2º e 3º curso de Primaria.


Un público atento ao Carballo Bota ou á Bota Carballo!...
Lembrando o libro  O carballo con Botas, do propio Anxo Moure , con ilustracións de Cristina Ouro. Editado por  Gotelo Blanco.






Tamén ao Troncomóbil de cortiza... co que falou cunha axente forestal e ata se atreveu a facer un selfi con todos nós!


Logo falou do  Mounstro do Lume! Todos xuntos berrábamos cousas como: -Non prendas lume!


Moure manda a unha das nenas á Ciclo Biblioteca a buscar un libro en concreto:
Poemas con piruleta! As árbores alimentan moito máis que as piruletas!





Le Andrea de 1º curso, sobre os froitos e as árbores: As árbores alimentan! É boa verdade! Bonito poema para coñecer os nomes dos froitos e de cada unha das árbores que os dan!

Houbo momento para tocar a gaita con pezas de madeira de Teixo! Fermoso son que sale dela...Alalás e AiLalelos!

Que é o Teixo? Taxus baccata . No seguinte enlace, á páxina www.rios-galegos.com podemos consultar non só a Ficha do Teixo, senón que encontramos moita información sobre as árbores, as que nos rodean todos os días. Nome común, nome científico, características, fotos e máis.

Enlace a Ríos Galegos. Ficha do Teixo.




Pero...que é iso que lle colga do gorro a Moure? Son...follas de Carballo! 
Un carballo humano, ademáis de ser vivo,...personificado.

Conversións de vidas. Fusión de persoas e árbores. Fixémolo. Vémolo!



Primeiro convertiuse a Lois,...Arriba as pequenas pólas brazos...!


 E Lois quedou convertido nun pequeno Carballo como o Landro Carballo que plantamos o outro día!

Iso debe ser contaxioso, e todos quixemos ser árbores por un momento, berrar _ Non máis lume! Somos árbores, somos vidas!




Lois abraza a árbore, neste caso ao Carballo Bota!
Arrolos de pequenas arboriñas...que queren medrar...


 Anxo conta historias e contos sobre as árbores...



Bota Carballo, unha cortiza para comunicarse cos familiares e amigos e unha gaita que dé conta dos nosos Alalás!



Juan monta na Ciclo Biblioteca para que Anxo Moure non poda marchar aínda!...


Pero Anxo vaise, ten que  seguir camiño  comunicando a súa  mensaxe sobre Árbores e vida,árbores de Galicia!


Deixou libros e mensaxes da importancia das árbores non só nos libros senón tamén nas nosas vidas!

Grazas Anxo Moure! E Grazas ao Concello por dar esta fermosa oportunidade de disfrute e aprendizaxe!

Sabemos que moitos dos nosos nenos e nenas, á tarde foron a completar a Actividade de Contacontos á Biblioteca Municipal de Viveiro. A mensaxe de Moure entrou nun aire dende as movidas pólas até as raíces que nos suxeitan á terra!


Ningún comentario: