4.2.15

LETRAS E APERTAS DE PAZ . APERTAS DE DENA!

A semana previa á  celebración da Paz lembramos a marea de xente que inundou o ano pasado! Reforzando o concepto de Comunidade, de colectividade, de xente distinta que rema ao mesmo compás!
Lembramos...


Enlace á etiqueta Paz 2014



Desta volta, decidimos traballar por grupos os distintos tipos de APERTAS...de catro brazos!

POEMAS E APERTAS DE PAZ 2015

Cada grupo, axudados polo seu titor ou titora elixiu un tipo de Apertas tomando por referencia as  da Proposta Abrazos de Oso

Enlace á paxina de Abrazoterapia. Nueva gaia.Vida y salud
Tipos de apertas onde documentarse.

Traballaron as apertas en xeral e centráronse na elexida para facer a súa representación e deixar o seu rexistro en forma de mural-puzzle ou libro de carteis, abrazos e poemas.

1º,2º e 3º completaron a actividade coa búsqueda, na casa, dun poema con temática de paz , reescribíronno e prepararon a súa lectura. Ainda que a maioría non repararon en citar a autoría , recoñecemos os versos de Rafael Alberti ou de Gloria Fuertes. Houbo algúns que decidiron a atreverse e a preparar un poema propio. Poucos foron os poemas en galego, preferíronse maioritariamente en Español de España. Era das primeiras actividades que facían de busca de información.

Os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua toman nota para traballar sobre poemas, rimas, poesía e poetas, tamén na nosa Língua, nos meses de febreiro e marzo. (Busca, lectura, autoría, ilustración,..)

O alumnado de 1º curso, comeza a ler e atrévense a ler poesía. Queredes escoitalos? Pois picade en Ler máis para velos en accción.

Trala Aperta de grupo de Infantil, Aperta de lado de 1ºEP e lectura de poemas de Alicia, Saúl Arias e Hugo Cervo. Un bo comezo pequenos e pequenas poetas!.
2º curso EP, máis maiores, fan a presentación da Aperta "Sanwich" , Explican e reflexionan A quen lle darían un abrazo sanwich e por que? Escribíron eles cadanseu discurso, en galego !Hai que escoitar as súas palabras.

Dentro vídeo!




"Na nosa clase queremos paz", din eles!

En 3º EP recitan. A mestra Ana Blanco presenta a Aperta de Meixela e o traballo que se fixo no seu grupo, un mural da aperta elexida con moitos corazóns vermellos. En cada corazón escribiron A quen lle darían unha Aperta de Meixela?
Cada un le o seu poema, aquel que buscou, elexiu para traballar, reescribiu coa súa letra e agora recita. Os poemas están recollidos nun simpático libro en forma de pomba, na Biblioteca do cole.



4º curso EP fai unha preparada posta en escena dos motivos para darse Apertas en forma de A. Mentres ,van completando un mural de moitas pezas que comeza ca tenra aperta entre un oso blanco e un oso negro. Os rapaces e rapazas explican, danse apertas en forma de A e van engadindo ao mural pezas de cores con palabras de paz.

Imos ver a posta en escena de 3º e 4º!



Só faltaba a aportación dos maiores do colexio.


5º curso , ao son e letra de Jonh Lennon Imagine, prepararon unha coreografía para presentar as Apertas Zen. Tamen quixeron deixar rexistro en forma de libro para a Biblioteca do centro. Axudados do software Abalar, prepararon cadansúa páxina misturando imaxe da aperta e texto explicativo.





6º curso preferíu facer unha representación máis cotidiana, máis relacionada con eles e coas realidades que se poden vivir nunha escola, para traballar e reflexionar  sobre a  paz no día a día . Así representaron Permíteme esta Aperta. Unha curta pero intensa dramatizaciónO texto é deles. A idea xurdiu na clase de Cidadanía e Valores Sociais. Ás veces no colexio e no día a día xurden conflictos ...e moitos desexos de paz, de que a Paz venza por riba dos conflictos, para que estos sexan menos e menos importantes cada vez. Permitámonos unha Aperta para abrirlle o camiño á paz!

Vexamos a 5º e 6º e tamén o acto final de paz. Todos e todas collidos das mans e cantando en conxunto. Canción elexida polos nenos e nenas por ser coñecida por eles. Gisela, Paz y amor.




Unha vez máis o colexio por enteiro reforza o concepto de colectividade e celebración conxunta. Por grupos trabállase previamente para un acto final coa participación de todos e todas.
Gracias a todos e todas, mestres e alumnados por esta maxia que conseguimos e nos fai sentir tan ben, en Comunidade. Practiquemos este sentimento máis a diario!Pola Paz!

APERTAS DE DENA!
Irmáns e irmás de Dena...
Os compañeiros e compañeiras do CEIP Coirón de Dena, en Pontevedra , deixan rexistro das súas apertas. Poñéndolle máis apelidos. As apertas son tantas e tan variadas como queiramos!
Apertas de Oso para Dena e Apertas variadas e preciosas as de Dena. Apertas!




Que boa verba "APERTA" Precisamente esa palabriña está incluido no proxecto común o CEIP Plurilingüe Santa Rita co CEIP de Coirón de Dena. Unidos por APERTAS!

 APERTAS AUDIOVISUAIS, para compartir, ademáis das apertas, celebracións, videocontos, montaxes, Tics e experiencias varias. Compartir realidades do cole de un lado a outro de Galicia.
Alegría e moita ilusión neste proxecto...Apertas!

1 comentario:

olga, Daniel y Yago dixo...

Esta claro que cada día apréndense cousas novas. Non sabíamos que existiran tantos tipos de apertas.
Mandamos unha aperta grupal e unha aperta a medida, xa que ten que ser extragrande para agruparvos a todos.