Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

2.4.14

PRIMAVERA E... DÍA DA ÁRBORE CON AUGA!

Unha vez máis , os tulipáns do xardín da entrada, plantados no outono, anuncian a chegada da Primavera.



Este ano son vermellos, color de enerxía. Vermellos, a xogo coa entrada principal ainda adornada de corazóns e sentimentos. 
Coa chegada da Primavera,temos triloxía de celebracións.
21 de marzo. Día da Poesía, Día da Árbore e Día da Auga.
Preparamos a triple celebración lendo, sentindo e ilustrando sentimentos e poesía.

Que é a poesía senón sentimento?
A poesía é a arte de xogar e combinar palabras para reflexar de xeito bonito sentimentos que  doutra maneira serían dificiles de expresar.
Moita poesía xurde na primavera, coa paisaxe, as flores, os paxaros e as tardes máis longas. Alegría e sentimento que nos  trasmite a chegada da primavera!
Moitos e moitas poetas escribíronlle á Primavera e á Natureza ou encontraron nela a fonte de inspiración.
Calquera de nós pode encontrar a inspiración e facer poemas seducidos e seducidas pola beleza das paisaxes en Primavera. 
Proba a ler, a sentir e a escribir poesía!  
Contempla a paisaxe, ponlle palabras ao que ves e xoga coas palabras. Verás como unhas palabras chaman por outras e o teu poema vai xurdindo...

Nos libros de Coñecemento do Medio xusto estamos traballando coas distintas paisaxes, coñecendo a flora e a fauna do entorno e  de Galicia.
O noso colexio está situado en zona rural. Temos moita sorte de ter moita zona verde dentro e fóra do recinto escolar. Temos árbores, plantas e tamén flores. Pero...sabemos o nome das distintas  árbores que temos e que vemos todos os días? Sabemos distinguir unha cerdeira dun bidueiro ou dun loureiro?
O bidueiro coñecémolo ben, posto que o ano pasado plantamos un no cole, Platero.
Este ano, polo Día da árbore plantamos un loureiro.



A semana do 17 ao 21 estuvemos informándonos e documentándonos. A Deputación de Lugo mandounos uns libriños sobre as árbores. Buscamos na rede, para saber máis. Observamos e dibuxamos!



Pensamos un nome para a nosa nova árbore...

A cita de plantación foi o venres 21 de marzo, antes do recreo.  Mollámonos os pés para plantar a árbore!
Pois chovera toda a noite anterior e ainda caían pingas. 



Baixou toda Primaria. Presidiu o Acto o noso director Luis.



Elixiuse unha  parella que representase a sexto na plantación da árbore. 
Os de sexto acaban en xuño  a súa etapa no colexio e queren deixar un legado con vida e con raíces.


Gabriel e Sara foron os encargados de plantar a árbore.

Juan colleu un papeliño entre as propostas de nomes para a árbore.




O nome "Brother" resultou ser a proposta tamén de 6º curso. Brother, din eles e máis elas, porque é un ser vivo e queren que se lle trate como a un irmán, neste colexio plurilíngüe.



Pois, así o noso loureiro queda plantado, bautizado como Brother e tamén regado. Longa vida para o noso loureiro!

Rematamos esta múltiple celebración con versos do poeta Antonio Noriega Varela:

Merlo, que Dios bendiga e ti recollas,
Maga dos ollos verdes! Entre as follas
sempre verdes do máis xentil loureiro.

(Poema titulado Primavera,   , A. Noriega Varela)

1 comentarios:

olga, Daniel y Yago dixo...

Un nombre perfecto para un amigo que te acompañará toda tu vida. !Suerte arbolito!