Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

2.4.14

ABRIL, DE LIBROS E CONTOS

O curso pasado, por esta época da chegada da Primavera , tamén chegou unha tremenda bandada de andoriñas mensaxeiras de poemas. Andoriñas que, logo de expoñérense no colexio, tomaron rumbo ao Concello para reunirse con outros e outras mensaxeiras primaverais portadoras de poesías.

Tratábase dunha actividade conxunta proposta polas Bibliotecas escolares da zona "Apadriña unha poesía".

Este ano , a actividade conxunta de bibliotecas escolares da zona leva por título "DAQUELES CONTOS ...A NOVOS FINAIS".

Pasamos das poesía aos contos, o tipo de texto é moi distinto, pero a actividade é moi parecida.
O traballo final, para expoñer  consiste na conxugación de texto escrito e obra plástica. Un traballo final que pode reflexar todo un traballo previo no que as familias poden axudar aos seus nenos e nenas.

O máis importante destas tarefas é o aprender xuntos, compartir o momento e disfrutar facendo xuntos: falar dos contos, contarse os contos, ler os contos, elexir un, buscar o xeito de que o alumno ou alumna poida facer o máximo posible... Deste xeito os pequenos e pequenas poñen en práctica o que aprenderon e aprenden na escola, sobre ler e sobre escribir distintos textos. Cos libros e na casa, con tempo e tranquilidade para ir pasiño a pasiño ata chegar á montaxe final.

As primeiras cartolinas laranxas en chegar:


María Maragoto, de 2º de E:P propón un final moi amoroso para Os tres porquiños. O terceiro porquiño era unha fermosa porquiña. Entón, o lobo namorouse e non foi capaz de comela. Claro, pois...quedaría sen ela!


 Noa, de 4anos sorpréndenos escribindo unha Carapuchiña Vermella na que neta, avoa e lobo comparten o pastel de merenda.









Yago Cerdeira, de 3º de EP preséntanos un traballo en formato comic, cuns simpáticos bocadillos que acompañan a narración. "La tortuga y la liebre". Unha fábula moi contada e lida pero...de seguro que non desta singular maneira.





Outra de porquiños! Sen dúbida Os tres porquiños é o conto preferido de moitos rapaces e rapazas.
Velaquí o conto de Martín Dovale, de 1ºEP coa axuda da súa nai. Martín repasou un contiño rimado que remata en  alegre susto.O  lobo non era tal lobo, era a Mamá porquiña disfrazada!


Grazas rapaces e rapazas, polos vosos contos e os vosos ocorrentes finais!
Grazas familias pola vosa colaboración! GRAZAS!

Se queredes máis contos e novos finais, vinde a velos e a lelos. Estarán este mes expostos no colexio, no corredor principal da entrada.


No recuncho de Infantil da Bibllioteca do noso colexio hai un curioso mural. Unha nena ten o conto de Carapuchiña Vermella aberto nas mans e dille a un neno que se atopa ao seu  carón:

_ Leoche un conto?
_ Vale, pois eu fágoche un debuxo!_ respóndelle o rapaz xa co lapis na man.

Iso é! Compartir o momento e aprender xuntos dos libros e dos contos!
  

2 comentarios:

olga, Daniel y Yago dixo...

¿que haríamos sin la imaginación de los niños? Seguro que todo sería mucho mas aburrido. Es estupendo que podamos ver todo ese ingenio plasmado en unas cartulinas.
Nota:habrá que pedir un nueco copyright para todos esto finales.

Cadernos do CEIP Plurilingüe Santa Rita dixo...

A verdade que están chegando uns contos e uns finais do máis ocurrente. Así que ímolos compartir baixo unha Licencia CC. Grazas án imaxinación dos nenos e á colaboración das familias!