Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

19.2.14

QUÉROTE MOITO! DE CORAZÓN

Nestas datas arredor do San Valentín, os escaparates e publicidades enchéronse de corazóns vermellos. Celebracións do amor e dos sentimentos. Emocións! Sentir e aprender.

Dende a Biblioteca do noso colexio, e partindo da  temática dos sentimentos, iniciamos a campaña que leva por título "Quérote moito" e intenta, a través da proposta de  lecturas e de  actividades, axudar e a aprender do propio sentir. Non é doado poñerlle palabras ás emocións, posto que ás veces non nos paramos a pensar sobre o que sentimos e... entón poñemos corazas se habíamos de poñer corazóns.




Comezamos por propoñer algunhas lecturas que tratan sobre as emocións e os sentimentos. Para ler, sentir e aprender.




Consultamos o Calendario de eventos próximos:

Día 24: Contacontos de Kalandraka. Animación á lectura: Mamá, Imos cazar un oso, No bosque, Boas noites,Bufo, como presentación dos Libros para soñar.
O Día 24 de febreiro, tamén é o Día de Rosalía .
A poesía pode ser unha extraordinaria maneira de expresar sentimentos.

Marzo. Adicado á muller.
21 de marzo, Día da poesía.

Abril. Libros e contos, para seguir sentindo e aprendendo.

Maio: Semana das Letras Galegas , adicadas este ano ao poeta Díaz Castro.
Mes das flores e Día das nais.
Pois... comezamos a traballar, co que sentimos, cos sentimentos, a Muller, a Poesía e os Contos para identificarse, expresar e compartir sentimentos.

Se poño ganas, se poño corazón...

LEO, SINTO E APRENDO.

0 comentarios: