5.2.14

O 30 DE XANEIRO. MAREA DE PAZ

Chegou o momento esperado. A tarde do 30 de Xaneiro fomos acomodándonos no Ximnasio para facer oficial o Acto pola Paz, que levamos preparando todo este tempo.
Alí estábamos todos, diferentes pero facendo por coincidir iguales nas cores.
Azul mar e Branca Paz.
Sorrintes gotiñas, diferentes pero iguais.


Falta a gotiña Saúl, posto que a celebración cadrou en xoves e os xoves Saúl está no outro cole.
 O día anterior, Saúl, axudounos e disfrutou moito no ensaio xeral da coreografía final.

Comezamos a tarde de Paz!

María Pernas ocupouse da Presentación, guión das diversas actuacións e tamén do equipamento técnico.
Improvisamos un escenario con parede de fondo onde poder  proxectar imaxes alusivas.

A primeira actuación que disfrutamos consistía nunha canción en Lingua Extranxeira e con acompañamento de Linguaxe de Señas Americano. Tratábase dunha canción moi especial que se cantaba para celebrar a Paz en América cando Katie era unha nena. Adicada a Martin Lutter King.

O alumnado de 4º curso aprendeuna  enseguidiña coa axuda da propia Katie.












SING ABOUT MARTIN

Sing about Martin  (sing about Martin )
Sing about caring  (sing about caring )
Sing about peace  (sing about peace )
All around the world  (all around the world ).

Sing about Martin  (sing about Martin )
Sing about loving (sing about loving )
Sing about peace ( sing about peace )
All around the world  (all around the world ).







 Público atento! Que estará pasando na pantalla grande? Pois... os máis pequenos son desta volta os protagonistas. Prestaron a súa voz para, entre todos, contar o conto dos elefantes Negros e Brancos.

Coordináronse os diversos audios coa secuencia de imaxes escaneadas do conto que eles e elas traballaron nas clases.
O resultado... un fermoso conto coas nosas voces máis infantiles.
 Silenzo absoluto na sala para escoitar!


 Loita de elefantes.
Momento do PUM, PUM ,PUM
RACATATÁ TA!
Matáronse os elefantes negros e brancos. Non quedaron elefantes.
Só alguúns pacíficos elefantes negros e brancos que se esconderon na selva para vivir tranquilos.

 Os netos dos elefantes que amaban a paz eran de cor ...gris!



Agora que eran da mesma cor, poderían estar tranquilos ou...
buscar outra diferenza que os separe e os enfronte nunha loita!
O tamaño das orellas ou calquera outra cousa...

"Os elefantes amaban a todos os animais, máis entre eles odiábanse". ( é unha das frases gravadas).

Que haxa paz ou...PEACE. En Galego, en Español, ¿en Inglés ou en Italiano? Lemos palabras ou lemos significados?
Referímonos á alegre canción de Pietro Diambrini, elexida por Lisa para a ocasión e interpretada polo alumnado de 5º curso. En Italiano,claro!


"Pace", é unha palabra que nos gusta!



Baila a Paz con nós, non te arrepentirás!

A numerosa boa tropa de 3º curso.
Mensaxes de paz para lembrar e reflexións sobre a frase sobre a que estiveron traballando: "Somos diferentes pero iguais". Mensaxes na voz de nenos e nenas que anhelan mellorar na convivencia cada día.





A tan esperada PAZ, PAZ, PAZ, de Juanes interpretada polo alumnado de 4º curso en Bimodal:
 Linguaxe de Señas acompañando a Linguaxe Oral.


Juan guíase dos seus compañeiros para seguir mellor  o ritmo da canción!


"Son os nenos e nenas, o futuro,  que cantan pola paz e pola esperanza!"

Outro conto, pero non de elefantes ainda que fale de orellas grandes.
 Orellas de Bolboreta. Alumnado de 6º curso dirixidos pola súa mestra de galego Ana Lorigados, agasalláronnos cunha formidable adaptación do conto para ser representado.
Extraordinaria actuación de Sara Berdeal como protagonista principal.


E si ten  orellas de bolboreta, a ela tanto lle ten!


E que ben  explicou Iraya porque quixeron representar ese conto! Manifesto de Paz polo alumnado de sexto.

Os maiores dando exemplo. O 3º ciclo cantan xuntos unha preciosa canción íntegramente vocal dedicada a Nelson Mandela.  Freedom. A mensaxe é clara: Liberdade!




Rolihlahla Mandela
freedom is in your hand,
show us the way to the freedom
is this land of Africa!

Mandela says fight for freedom
Mandela says "Freedom Now!"
And we say a way with aparrtheid,
in this land of Africa !



Que ben soa entonado polos rapaces e rapazas dirixidos por Marcial! Que boas voces que teñen!
A canción,  moi ben escollida para a ocasión! Mandela e África no corazón!


Despois de escoitar estas voces anxelicais, xa estábamos moi preto e moi á beira da  "marea" que estaba por vir.
Tocaba aparcar a máquina de inmortalizar momentos para xuntarse gota a gota nun movido mar e remar ao mesmo compás. Todo o personal xunto para orquestar a 1º persoa do  plural :
" Somos unha marea e  unha morea de xente, iguais e diferentes danzando ao mesmo compás para...
mover o mundo que fica durante un intre sobre as nosas mans!"


A serea Rebeca foi a que moveu a todo "o mundo" azul e branco cos "Mensajes de Agua" de Macaco.

O resultado e colofón final queda resumido nun  magnífico video montado polo mestre Marcial e que ninguén pode pasar sen velo.

ENLACE DIRECTO A "Mensaxes de Auga e Paz do CEIP Santa Rita"




1 comentario:

  1. Estupendo el día de la paz del cole de Galdo. Tanto los profes como los chicos se ve que han disfrutado un montón. Gracias por las imágenes,da gusto veros. Enhorabuena a todos por el trabajo

    ResponderEliminar