Pages

A BIBLIO DE GALDIÑO

Agardamos que vos sexa útil este blog onde imos escribir sobre LIBROS, AUTORES, ILUSTRADORES, PREMIOS...e onde todo o ALUMNADO E PROFESORADO pode participar.

Con tecnoloxía de Blogger.

9.4.13

Que branca é a abidueira!

As nenas e os nenos de 3º traballamos na nosa aula co poema de Manuel María titulado "A ABIDUEIRA":

"Que branca é a abidueira!
Cara ao ceo anda a soñar!
Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar! "

Ao traballarmos co poema do poeta da Terra Chá aprendimos moitas cousas desta árbore. Por exemplo que coa súa madeira fanse zocas.

E dándolle voltas ao poema de Manuel María, fixemos nós estes versos:

"Será branca a abidueira
que plantamos na campiña?
Farán zoquiñas con ela
e unha delas será miña."

Ou estes outros:

"Na parroquia hai unha escola,
a escola ten un xardín,
no xardín teñen un bido,
no bido canta un xirín."

Aprendimos que unha mesma árbore pode ter distintos nomes: abidueira, bido, bidueiro...E seguimos escribindo versos:

"Será forte o bidueiro,
o bidueiro marzal?
Ha medrar moi espelido
se non o tratamos mal."

Que ben o pasamos rimando!. E se é "abril", a cousa pode rematar en "mil". Ou non?

"Cando voltemos á escola
polos principios de abril,
ha estar o noso bido
multiplicado por mil."







0 comentarios: