5.4.13


DÍA DA ÁRBORE

Días atrás chegaron ao cole uns libros cunhas lecturas preciosas sobre paisaxes galegas, "Viaxe polos e ríos e árbores dos Ancares". Lemos, falamos,...aprendemos.





Pero hoxe foi un día moi especial. Tivemos unha celebración na que nos xuntamos todos os nenos e nenas de Primaria no patio porque íamos prantaro "noso bidueiro". E realmente podemos chamalo "noso", porque cada grupo elixiu un nome para el, e de entre todos eles, elixiuse un: PLATERO. Nome suxerido polos nenos e nenas de 1º.
Estando alí todos xuntos, algúns nenos e nenas de 5º e 6º leron os seus traballos. Aquí os tedes:



O BIDUEIRO

Son un bidueiro,
que non un maxadeiro,
e vouvos contar unha historia
que vos quedará na memoria.

Eu fun unha semente
 afeita a ver moita xente.
Mandáronme de Lugo
nun camión moi seguro.

Cando cheguei a Viveiro non sabía
que me ía gustar tanto a ría.
Por fin chegamos a Galdo!
 O camión  xa ía cansado

O mércores cando cheguei
con todo o que vin alucinei!
Chegara ao lugar que quería!

Había moitas árbores... e  nenos,
grandes, medianos  e pequenos!
A ver que nome me van poñer
para que me poidan recoñecer.

Mesmo se me chaman Vicente,
ha ser un nome de orixe inocente.
Non vos esquezades de coidarme,
regarme e aloumiñarme. 

                                                                    Lucas Gómez Pereira

                                          

O SOÑO DA BIDUEIRA

Ola. Son unha bidueira que vén das terras altas de Lugo. Sabede que, aínda que son pequena, teño soños coma vós.
Soñei que me plantaban nun patio grande cheo de nenos e nenas, que me coidaban, que me daban cariño e a tranquilidade que preciso para medrar rexa e forte.
Soñei que estaba rodeada de irmáns da mesma especie máis maiores ca min, así como de castiñeiros, cerdeiras, limoeiros, maceiras, tullas, piñeiros, salgueiros,... e outras árbores que me falaban dos tempos en que o colexio empezara a espreguizarse.
Soñei que arrodeado dun cento de humanos espectantes afincaba na terra e recibía os ánimos precisos para enraizar con forza.
Mentres me regaban as primeiras veces, pensei: para que me botarán auga por riba. Prengunteilles ás outras bidueiras do patio e non me souberon repostar. Non lembraban se a elas as regaran algunha vez.
Pregunteilles a uns piñeiros altos como castelos que estaban un pouco máis lonxe de min e que parecían máis vello e sabios. Respondéronme que sen auga non podería alimentarme e medrar.
Hoxe espertei. Hoxe é o día. Xa sei cal vai ser o soño que quero que se cumpra:
MEDRAR TANTO, TANTO, QUE ALGÚN DÍA CHEGUE A SER TAN ALTA COMA ESES PIÑEIROS QUE ME MIRAN CON CARA DE SORPRESA

                                                             Ivana Polo


Ah, pero aí non quedou a cousa porque os nenos de 3º ademais de facer murais con poemas alusivos e frases, aprenderon e recitáronos un poemiña de Manule María: "A bidueira", que di así:
¡Que branca é a abidueira!
¡Cara ó ceo anda a soñar!
¡Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar!

Por último, prantamos o nosos bidueiro




Ningún comentario: