25.9.09

VENRES: día de Biblioteca


Hoxe é venres. Estamos na sesión de tarde e toca Biblioteca.

Os primeiros en chegar son os nenos e nenas de 6º.

Martín Prado vén para devolver o libro que levou a semana pasada: "HEROES, DEUSES E EMPERADORES". "Gustoume moito o libro--di MARTÍN-- porque ten uns debuxos impresionantes". E escolle outro sobre o corpo humano: "LA MÉDULA ÓSEA". "Agardo que me guste!"

Despois chega Manuel de 3º que levou a semana pasada "AS 7 BOLAS DE CRISTAL". "Había unha momia que atocou a un señor que se chamaba Tornasol e que tiña un corazón de ouro..."

Gustoume moito e hoxe levo "O CASO TORNASOL". Xa vos contarei!"

E así, un detrás doutro, pasan pola Biblioteca do Colexio moitos nenos e nenas. Cando toque o timbre de saída levarán nas súas mochilas un novo amigo para a casa.


Ningún comentario: